Morten Gamst Pedersen
Morten Gamst Pedersen | |||
---|---|---|---|
Pedersen xogando co Blackburn Rovers en 2009 | |||
Información persoal | |||
Nome | Morten Gamst Pedersen[1] | ||
Nacemento | 8 de setembro de 1981[1] | ||
Lugar de nacemento | Vadsø | ||
Altura | 1.80 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Tromsø | ||
Carreira xuvenil | |||
1997–1998 | Norild | ||
1998–1999 | Polarstjernen | ||
1999–2000 | Norild | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2004 | Tromsø | 103 | (40) |
2004–2013 | Blackburn Rovers | 288 | (35) |
2013–2014 | Karabükspor | 10 | (0) |
2014–2016 | Rosenborg | 28 | (3) |
2016– | Tromsø | 6 | (0) |
Selección nacional | |||
2001–2004 | Noruega sub-21 | 18 | (10) |
2004–2014 | Noruega | 83 | (17) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 26 de outubro de 2016 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Morten Gamst Pedersen, nado o 8 de setembro de 1981 en Vadsø, é un futbolista noruegués que como centrocampista ou extremo esquerdo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Orixinario do condado de Finnmark, comezou a súa carreira no Tromsø IL, o club da principal cidade do norte do país, Tromsø.
Blackburn Rovers
[editar | editar a fonte]Logo de catro anos no campionato noruegués, onde logrou marcar unha media dun gol cada dous partidos, fichou polos Blackburn Rovers en 2004 e xogou o seu primeiro partido da Premier League o 28 de agosto de 2004, contra o Manchester United, que acabou nun empate 1-1. Rematou a tempada 2004-2005 como o segundo mellor goleador do club, con 8 goles.
Durante a tempada 2006-2007 figurou como titular na maioría dos encontros, xogando como extremo esquerdo e marcou 6 goles na liga, ademais de realizar 11 asistencias.
Turquía
[editar | editar a fonte]En agosto de 2013 firmou de balde co club turco do Karabükspor.
Rosenborg
[editar | editar a fonte]En marzo de 2014 volveu a Noruega para xogar co Rosenborg[2], principiou ben a tempada pero unha lesión arredouno dos terreos de xogo e en xaneiro de 2016 o club e o xogador concordaron en poñer fin ao contrato.[3] e ao pouco fichou polo Tromsø[4]
Carreira internacional
[editar | editar a fonte]Morten Gamst Pedersen xogou por primeira volta coa selección do seu país en 2004, e o o 18 de febreiro de 2004 marcou dous goles contra Irlanda do Norte, nunha vitoria final por 4 a 1. O 2 de setembro de 2006, durante un partido de clasificación para a Eurocopa 2008 contra Hungría marcou un gol semellante ao realizado polo seu ídolo, a estrela neerlandesa da década de 1980 Marco van Basten, na final da Eurocopa de 1988. Os xornais noruegueses, como o Aftenposten ou o Dagbladet déronlle o sobrenome de "Van Gamsten".[5] Logo dese partido recibiu o Gullklokka, que é unha distinción dada os internacionais noruegueses que chegaron ás 25 convocatorias coa selección nacional.
O 12 de agosto de 2009, nun partido de clasificación para o mundial de 2010 contra Escocia, marcou un dobre que lle permitiu ao seu equipo impoñerse. Xogou o seu último partido coa selección nacional contra Chequia o 5 de marzo de 2014 nun empate 2–2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hugman, Barry J., ed. (2010). The PFA Footballers' Who's Who 2010–11. Edinburgh: Mainstream Publishing. p. 331. ISBN 978-1-84596-601-0.
- ↑ «Satses på som midtbanespiller» Arquivado 08 de marzo de 2014 en Wayback Machine., RBK.no 8 de marzo de 2014
- ↑ «Gamst Pedersen ferdig i Rosenborg», Aftenposten, 7 de xaneiro de 2016
- ↑ "Morten Gamst Pedersen klar for Tromsø", Aftenposten, 9 de xaneiro de 2016
- ↑ «Morten van Gamsten », VG, 2 de setembro de 2008